PETROGLIFOS

Petroglifos da Fonte do Allo

 

Petroglifos de Pena das Rodiñas - Fonte do allo

Sitos no lugar de Fonte do allo - Nogueira, con coordenadas UTM: X - 534000 Y - 46849901 e unha altitude de 160 m. Trátase de representacións gráficas datadas na Idade do Bronce. Os motivos están sobre unha rocha de superficie irregular (pero suavizada pola erosión) e alomenos hai sete motivos.

Petroglifos do Monte da Peneda

Localizados na ladeira suroeste da Peneda, con coordenadas aproximadass UTM: X - 533780 Y - 4686270

Sábese que se trata de representacións gráficas de procedencia indeterminada. Hai numerosas referencias bibliográficas (entre as que destacan as de J. Filgueira Valverde e A. García Alén), e no Museo de Pontevedra (dende os anos 50) que falan da existencia de petroglifos (sobre todo combinacións circulares) nas abas do monte da Peneda, pero non ofrecen datos precisos do seu emprazamento (parte suroeste do monte, etc.). Se a isto engadimos a abundante vexetación existente nestes momentos e o aumento de construccións na zona nos últimos anos, temos que as dificultades para localizalos son máximas.

Bibliografía: "Restauración integral do Río Pexegueiro e o seu entorno".2001 de Ramón Alfonso Meis e Xosé Sobral Amoedo

Ata logo