IGREXA DE SANTA MARÍA DO VISO

 

Igrexa do Viso

 

Pequena igrexa construida no 1710 e situada na base do monte da Peneda, posúe uns preciosos retablos cheos de cor e luz que dan un aire moi acolledor ó seu interior.

O adro atópase acondicionado cun xardín onde destaca a presencia de abetos, unha oliveira, acivros, teixos e uns magníficos cedros, así coma diversos elementos etnográficos que fan deste lugar un pequeno museo ó aire libre.

 

Antigas lápidas atopadas no adro da igrexa.

Ata logo