FESTA DE SAN BLAS

 

Festa que se realiza honra de San Blas o día 3 de Febreiro. Durante esta festa teremos oportunidade de asistir á procesión na honra deste santo e pola noite a unha berbena que se realiza xunto a igrexa parroquial do Viso.

Nesta data tamén se realiza un acto singular e tradicional deste pobo. Unha burra cun carro adícase a percorrer todo o pobo levando viño e rosquillas que ofrece a tódolas persoas que se atopa polo camiño.

 

Ata logo