O CUNCHEIRO DO MONTE DA PENEDA

 

Estrato dun artigo publicado por J.M. Vázquez Varela na revista Gallaecia no ano 1975. Este artigo reflicte a riqueza arqueolóxica do monte da Peneda e amosa como os nosos antecesores aproveitaban os recursos mariños para a súa alimentación.

"Enclavado no monte da Peneda de 324 m de altitude atópase un cuncheiro pertencente ó castro alí existente. A súa distancia á costa é aproximadamente de 1700 m e as súas coordenadas xeográficas son 4º54´10´´ lonxitude Leste, 42º19´38´´ latitude Norte. Este xacemento desde antigo foi obxecto de diversas prospeccións, que deron materiais que cronoloxicamente abarcan desde o bronce final ata a época romana (García Rollan, M. 1974). Na vertente surleste do monte, cara a metade do primeiro tramo de pista que sube cara a ermida, atopábase ó descuberto restos dun estrato mo que apareceron cuncha, osos de animais, cerámica castrexa e romana, así como fragmentos de metal. Realizouse unha toma neste cuncheiro, na que apareceron fragmentos de cerámica propiamente castrexa, se se ten en conta a súa tipoloxía, técnica e decoración, xunto cun pequeno fragmento de ánfora romana; a mostra foi cribada e lavada de forma que se puidesen recoller tódolos restos de organismos presentes. Os resultados do estudio faunístico foron os seguintes:

 

Especie

Nome coloquial

Nº de exemplares

Porcentaxe (%)

Tapes decussatus. L.

Ameixa fina

189

65,8

Solen marginatus. Montagu

Navalla

54

18,8

Ostrea edulis. L.

Ostra

35

12,2

Mytilus edulis. L.

Mexilón

7

2,4

Patella vulgata. L.

Lapa

1

0,3

Littorina littorea. L.

Caracol mariño

1

0,3

TOTAL

 

287

99,8

 

As especies dominastes neste cuncheiro, Tapes decussattus, 65,8%, Solen marginatus, 18,8% e Ostrea edulis 12,2%, son propias da zona intermareal con fondos fangosos e areosos, aínda que esta última tamén habite en fondos rochosos, situados na desembocadura dos ríos, mentres que as outras, que en total só suman o tres por cento, teñen o seu hábitat na zona intermareal sobre rochas. A abundancia do primeiro grupo débese a que o biótopo mariño próximo ó castro, é o fondo da ría de Vigo, zona onde desemboca o río Verdugo e abundan fondos areosos e fangosos."

Bibliografía: J.M. Vázquez Varela, 1975. "Estudio de la fauna marina de los concheros de los castros de A Peneda e Montealegre (Pontevedra). Gallaecia Vol. I.

Ata logo