CONSELLO PARROQUIAL DO VISO

 

O Consello Parroquial do Viso constituíuse conforme ao acordo plenario de data 27.01.2005. Este é un órgano de carácter permanente e consultivo, que ten como finalidade o asesoramento, coñecemento, proposición e colaboración en todas aquelas materias, sexan actividades ou servizos, que, instados pola administración municipal ou outros entes ou organismos de carácter local, incidan no ámbito territorial da parroquia do Viso, facilitando a participación dos colectivos veciñais que existan na parroquia.
A este Consello correspóndelle a seguinte estrutura
- Presidenta, a Concelleira de Participación Cidadá, que actúa como enlace entre o Consello e o Concello de Redondela
- Un representante de cada un dos grupos políticos que integran a corporación
- Catro representantes das Asociacións de veciñas/os
- Dous representantes da Comunidade de montes
- Dous representantes das Comunidades de augas
- Dous representantes das Asociacións Culturais
- Un representante das Asociacións deportivas
Dende a súa creación, realizáronse cinco xuntanzas nas que se trataron entre outros os seguintes asuntos:
- Saneamento
- Plan Xeral
- Infraestruturas
- Proxecto AVE
- Proxecto Limpeza Sociedade Agricultores
Este órgano de participación, é o instrumento que teñen todos os colectivos da parroquia para aunar esforzos na consecución de todas as melloras que se propoñan, e en beneficio de todos os homes e mulleres que viven no Viso.

 

Ata logo