CASTRO DA PENEDA

 

Monte da Peneda

 


A súa datación non se pode precisar moito. Podería corresponder a mediados do I milenio a.C. e foi habitado seguramente ata bastante entrado na nosa era, polo tesouriño de moedas romanas de bronce pertencentes ós séculos III-IV da nosa era que se atoparon no seu interior.


Aínda conserva restos da súa muralla e das casas circulares. Son moitos os obxectos que se atoparon espallados no seu contorno: un caldeiro de bronce, un coitelo, agullas, fibelas e alfinetes; varias machadas pulimentadas, muíños, ánforas e cerámica decorada ou pintada... todos eles hoxe recollidos no museo de Pontevedra. Como achado interesante tamén está un "cuncheiro" con abundates restos de moluscos, indicador da importante actividade marisqueira que existía.


Este é, como pode verse, un castro importante na nosa comarca que está á espera de novas e profundas escavacións que saquen á luz a verdadeira importancia deste asentamento. A presión urbanística pola que se atopa acosado fai pensar nun futuro incerto para a supervivencia deste castro se non se toman medidas serias de protección.

 

Bibliografía: Xosé Couñago. "Elementos da prehistoria de Redondela". (http://www.ipdca.com/internovas/internovas)

Ata logo