CAPELA DE SOUTO XUSTO

 

Capela de Souto Xusto

 

No lugar de Soutoxusto (en tempos freguesía anexa á do Viso) fica a capela adicada a San Vicente mártir, que antano foi propia do morgado do conde de San Román. Durante todo o séc. XVIII e primeiro terzo do XIX pasou por longos períodos de abandono, de xeito que en tódalas visitas episcopais mándase que mentres non se repare se absteñan de celebrar nela. Nembargante, en 1754 o abade -con excesivo optimismo- consideraba que estaba útil, engadindo que a devoción do santo titular chama a concurso de moito pobo no día da súa festividade. Cara 1850 estaba cargada con dúas misas cantadas o 22 de xaneiro de cada ano, celebración do San Vicente.

Bibliografía: X. Miguel González. "As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica" (http://www.ipdca.com/internovas/)

Ata logo