CANTIGAS POPULARES DO VISO

 

DA SITUACIÓN XEOGRÁFICA E DOS LUGARES

A Peneda está nun alto,
Redondela nun baixiño;
e pola banda dalá,
Soutomaior albariño.


A Peneda está nun alto,
Redondela nun baixío
e no medio de ela
está o meu asobío.

A Peneda está nun alto,
Redondela nun baixío
pero no medio da Vila
está o pelexo do viño

 

A subila e a baixala,
a costiña da Peneda;
a subila e a baixala,
perdín o pano de seda.


Costureiriña bonita,
¿onde perdeche o dedal?
no turreiro da Peneda,
onde fun a pasear

 

DA VIRXE DA PENEDA E DA SÚA ROMERÍA

 

Miña virxe da Peneda
que tan alto se foi por;
dun lado ten Redondela,
por outro Soutomaior.


Miña Virxe da Peneda,
da Peneda, Penediña;
entrou pola porta grande,
saleu pola pequeniña.


Miña Virxen da Peneda
cun circo douro arredor;
por unha banda tes mare,
por outra Soutomaior.


Miña Virxen da Peneda,
qué fondiña se foi por,
entre toxos e carqueixas,
penediños arredor.


Miña Virxen da Peneda,
que tan alta se foi por,
por un lado ten O Viso,
por outro Soutomaior.


Miña Virxen da Peneda,
qué altiña se foi por,
entre cotos e penedos,
carballiños arredor.


Miña Vixen da Peneda,
qué tan alta se foi por,
dálle o aire, dálle o vento,
dálle a raíña do sol.


Miña Virxen da Peneda,
ten o tellado de pedra;
ben o poudera ter de ouro,
miña virxen si quixera.


Miña Virxen da Peneda,
a que lle foron armar;
que tiña o ermitaño morto,
debaixo do seu altar.


Miña Virxen da Peneda,
pequeniña , miragrosa;
vimos aquí de tan lexos,
para ver tan linda rosa.


Miña Virxen da Peneda,
baixarvos e darme a man;
tende la costiña alta,
caime o corazón no chan.


Miña Virxen da Peneda,
ten vintacinco escaleiras;
para baixar as casadas,
para subir as solteiras.


Miña Virxen da Peneda
este ano alá non vou;
tócame a rolda da auga,
¡malia quen ma botou!


Miña Virxen da Peneda,
este ano alá non vou;
pola falta de diñeiro,
moita xente se quedou.

 

Miña Virxen da Peneda,
cun circo Douro arredor;
por unha banda tes mare,
por outra Soutomaior.

 

Miña Virxen da Peneda,
sempre no alto te ves,
hei de ir alá miña virxen,
que quero bicarlle os pés.

 

Miña Virxen da Peneda,
o camiño pedras ten,
se non fora por mirala
non iría alá ninguén.

 

Miña Virxen da Peneda,
se non fora po la ver,
na costiña do Cochón,
haberame de volver.

 

Miña Virxen da Peneda,
abaixarvos para abaixo,
vinde tomar a medida
do voso lindo refaixo.

 

Miña Virxen da Peneda,
ten unha mantilla Douro,
pra darlla a unha mociña,
que ven de Riba de Louro.

 

Miña Virxen da Peneda,
ten o xardín na ribada.
Mandaino regar, Señora,
pola man dunha casada.

 

Miña Virxen da Peneda,
da Peneda, Penediña,
chamárame ela afillada,
que eu lle chamarei madriña.

 

Miña Virxen da Peneda,
recoller o cobertor,
que vos caíu da véntana,
cando pasou O Señor.


Miña Virxen da Peneda,
recoller o caravel,
que vos caíu da véntana,
cando pasou San Miguel.

 

Miña Virxen da Peneda,
darme vosa meadiña,
que a tea téñoa parada,
fáltalle unha caneliña.

 

Eu ei de subir o ceo,
por unha cinta vermella,
teño de levar conmigo,
a Señora da Peneda.

Miña Virxen da Peneda,
faláime, que teño medo,
que me queren acañar,
de detrás de aquel penedo.

 

Miña Virxen da Peneda,
fun alá e non a vin,
ó baixar as escaleiras,
deulle a risa para min.

 

Miña Virxen da Peneda,
este ano alá hei de irm
heille de levar un ramo,
que do Ceo me ha de vir.

 

Miña Virxen da Peneda,
este ano alá non vou,
que tiña os cartiños xuntos,
e unha vella mos roubou.

 

Miña Virxen da Peneda,
este ano alá non vou,
para outro que viñere,
á súa portiña estou.

 

Miña Virxen da Peneda,
fun alá i hei de volver,
deixei a miña mantiña,
dobrada, por estender.

 

Tengo de ira a la Peneda
si la muerte no me mata,
tengo que llevar conmigo
amores de una múchacha.

 

Miña Virxen da Peneda,
ten unha galiña pinta,
cando lle dá de comer,
deixa de comer e brinca.

 

Miña Virxen da Peneda,
¿con que se peita o cabelo?
-Cunhas herbiñas do monte
que lle chaman tormentelo.

 

Miña Virxen da Peneda,
da Peneda, Penediña,
chamarme vós afillada,
que eu os chamarei madriña.

 

Miña Virxen da Peneda,
da Peneda, Penediña,
teño unha tea acabada,
fáltalle unha caneliña.

 

Miña virxen da Peneda,
este ano alá non vou,
que tiña o diñeiro xusto
e non sei quen mo levou.

Miña Virxen da Peneda,
para o ano alá hei de ir;
casadiña ou solteiriña,
ou criada de servir.


Miña Virxen da Peneda,
escoitame esta oración;
que me queira o Manoliño,
con todo seu corazón.


Miña Virxen da Peneda,
da Peneda Penediña;
fun alá que me casara,
dixo que casada viña.


Miña Virxen da Peneda,
eu non vos pido facenda;
pídovos sorte e fortuna,
e xente con quen me entenda.


Teño que ir á Peneda,
si a morte non me mata;
teño que levar conmigo,
unha lámpara de prata.


Miña Virxen da Peneda,
ten un navío no mar;
¿quen llo deu?, ¿quen llo daría?
quen llo deu, púdollo dar.


Miña Virxen da Peneda,
ten unha galiña branca,
cando lle dá de comer,
deixa de comer e canta.


Miña Virxen da Peneda,
ela é a miña madriña;
hame de mandar as Páscoas,
pola súa criadiña.


Miña Virxen da Peneda,
escribiulle á da Guía,
que lle mandara decir,
os milagres que facía.


¿Quen é aquela Señora,
que vai por aquela chan?
e a madre da Peneda,
que vai pro San Quiatán.


Miña Virxen da Peneda,
está peitando o cabelo;
cunhas herbiñas do monte,
que lle chaman tormentelo.


Miña Virxen da Peneda,
falaime que teño medo;
que me queren acañar,
de tras daquel penedo.


MiñaVirxen da Peneda,
vele ahí ven o voso día;
a cinco do mes de agosto,
e a vosa romaría.


Miña Virxen da Peneda
funlla limpar a capilla
ela díxome do alto
Dios cho pague miña filla.
Miña filla la la la la la la ra la ...

 

Bibliografía:

- Victor Lis Quiben. SANTUARIO DE NUESTRA SEÑORA DE LA PENEDA

- "Redondela na cantiga popular", 1980. EL MUSEO DE PONTEVEDRA.

Ata logo