CANTIGA 352. ALFONSO X

 

Esta é como Santa María do Viso guariu uu açor dun cavaleiro.

 

"Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura
e grandes, ca á vertude/ do mui gran Deus se mesura."

Dest`un fremoso miragre / vos direi, se m`ascuitardes,
que fezo Santa María; / e se y mentes parardes,
por mui grande o terredes / cuand`en ele mais cuidardes,
e veredes com`a Virxen/ á poder sobre natura.
"Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura..."
(...)
E el con el cada día / muit`a ssa caça andava
e quantas aves podia / fillar, con ele fillava;
pero foron ben dous anos / que o açor non mudava,
e o cavaleiro avía / desto pesar e tristura.
"Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura..."

E meteu muitos dieiros / en lle fazer meezyas,
que nulla ren non valeron; / pois no tempo quand`as vias
vendimian, foi-sse con ele / aa Sennordas Reynas
e ssa eigreja do Viso, / que jaz en hua altura.
"Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura..."
(...)
O cavaleiro de çera / fez log`hua semellança
do açor e foi con ela , / avendo grand`esperança
ena Virgen groriosa / e creendo sen dultança
que seu açor lle daría / viv`e sao sen laidura.
"Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura..."

E foi-sse logo con ela / quanto pod`aa eigreja
da Virgen Santa María / que é beeita e seja,
que ll`amostrou essa moite / mui gran mercee sobeja,
ca tornou o açor sao / e a el tolleu loucura.
"Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura..."

 

 

Versión en galego

Esta é como Santa María do Viso curou un azor dun cabaleiro.

 

"Fermosos Milagres mostra / a Nai da fermosura
e grandes, xa que ten virtude / do moi gran Deus sen mesura."

De esta un fermoso milagre / os direi, se me escoitades
que fixo Santa María; / e se nel con atención reparades
por moi grande o teredes / canto nel máis coidades,
e veredes como a Virxe / ten poder sobre batura.
"Fermosos milagres mostra / a Nai da fermosura..."

Isto a un cabaleiro / aconteceu que vasallo era
dun fillo de rei, e por el / facía xustiza fera,
e que un azor moi co / unha vez lle dera
que fora dun cabaleiro / natural de Extremadura.
"Fermosos milagres mostra / a Nai da fermosura..."
(...)
E con el cada día / moito á súa caza andaba
e cantas aves podía / atrapar, con el atrapaba;
pero foron ben dous anos / que o azor non mudaba,
e o cabaleiro tiña / por isto pesar e tristura.
"Fermoso milagres mostra / a Nai da fermosura..."

E empregou moito diñeiro / en facerlle menciñas,
que para nada lle valeron; / pois no tempo cando as viñas
vendiman, foise con el / á Señora das Raíñas
á súa Igrexa de O Viso, / que está nunha altura.
"Fermosos milagres mostra / a Nai da Fermosura..."
(...)
O cabaleiro de cera / fixo logo unha semellanza
do azor e foi con ela / tendo gran esperanza
na Virxe gloriosa / crendo sen dultanza
que o seu azor lle daría / vivo e san sen dor.
"Fermosos milagres mostra / a Nai da fermosura..."

E foise logo con ela / en canto puido á igrexa
da Virxen Santa María / que bendita é e sexa
que lle mostrou esa noite / moi gran mercede sobexa,
xa que tornou ó azor san / e a el quitou loucura.
"Fermosos milagres mostra / a Nai da fermosura ..."

 

Ata logo